O domingo 21 de xuño Verdegaia realizará un novo roteiro do Programa Vai de Roteiros! . A saída está pensada para as 10:30 h. Este roteiro discorre integramente dentro do concello de Parada de Sil e permite ver as"carriozas" (camiños que discorrren entre soutos pechados con valados para que o gando non comera as castañas), a vista do canón desde os "balcóns de Madrid", o mosteiro de Santa Cristina (actualmente zona Ben de Interese Cultural) e atravesar o regato de Portela (un dos máis espectaculares da zona vistos desde a provincia de Lugo).
Aproveitaremos para ver o lugar (a distancia) onde Iberdrola proxectaba construír unha balsa que enchería pola noite con auga do río Sil e que logo deixaría caer e turbinar a través de tuberías que furarían quilómetros do canón do Sil da zona (Lugar de Interese Comunitario).
O roteiro é circular e está ben sinalizado. Son aproximadamente uns 9 quilómetros e hai un desnivel duns 200 metros. Calculamos que dure unhas 3 horas máximo .
Hai que levar comida e bebida, xa que ao rematar comeremos nalgún souto ou noutro sitio agradable e con sombras. Desde Ourense (se se vén en coche ) hai que saír dirección a Ponferrada (a antiga de Ponferrada) e Trives (N-536). En Vilariño Frío débese coller á esquerda e continuar dirección a Parada de Sil (10 quilómetros).
Inscricións até o día 18 de xuño, ás 15:00 h (no enderezo-e mariaogandogonzalez(a)gmail.com ou 680 118 479) para nos poder organizar para recoller a quen sexa preciso. Así que se vas vir en bus ou en tren a Ourense e necesitas transporte para Parada de Sil, tés que nos avisar.
Se alguén quere vir o día anterior para durmir en Ourense, que avise tamén por se é preciso buscar durmida.