Domingo 21 de Febreiro Verdegaia realizará o roteiro correspondente a este mes dentro do Programa Vai de Roteiros! . A saída está prevista para as 10:30 h. desde a igrexa de Trasmañó xunto a Convento das monxas. Este roteiro discorre integramente dentro do Concello de Redondela nas parroquias de Cedeira, Trasmañó, Chapela, Negros e Cabeiro. Sairemos da igrexa cara o río Fondón, que neste treito separa Chapela de Trasmañó, e terá dúas partes.
A primeira parte discorre polas beiras do río Fondón, onde nos atoparemos unha das maiores, senón a maior concentración de muiños da comarca, e tamén cunha alta biodibersidade autóctona, aínda que rara nestes tempos como a Sobreira, o Acivro, Freixo, Vido, Pereira brava ou o Amieiro, tamén outras prantas como Hedra, Rañacú ou Xilbardeira, Herba salgueira ou Uz branca, e sobretodo salientar a cantidade de fentos como Espiña de peixe, Fento real ou Dentrabú, Cabriña ou o Fento macho. Esta primeira parte rematará na Mámoa do Rei.
Na segunda parte que decidimos empezar na Mámoa do Rei xa que é máis etnográfica percorrendo as mámoas, petróglifos e o Castro de Negros.
Aproveitaremos para ensinarvos o lugar (a distancia) onde estanse a facer as obras do AVE, no famoso tunel de Negros que chegará ata Vigo, xa que teremos unha vista privilexiada tando do Val do Maceiras (Redondela) como tamén da Ría de Vigo, e da Enseada de San Simón.
O roteiro é circular, son aproximadamente uns 9 quilómetros e hai un desnivel duns 200 metros. Calculamos que dure unhas 3 horas na maña e 2 pola tarde, incluidas numerosas paradas explicativas tanto botánica como etnográfica.
Hai que levar comida e bebida, xa que a metade do roteiro pararemos no Castro de Negros onde hai un merendeiro. Tamén son imprescindibels botas e gañas de ver un dos paraxes máis fermosos da Ría de Vigo.
Dende Vigo (se vides en coche) ir pola estrada Vigo Redondela e subir do Alto da Encarnación ata chegar a igrexa de Trasmañó, e se queredes vir en autobus Teriades que coller ou o C3 que vos deixaria en Cidadelle o carón do ambulatorio, ou o 23 parando na parada da Lamosa, ainda que ambos quedan un pouco lonxe da igrexa de Trasmañó, se ides coller un bus seria interesante que avisarades.
Precisamos que vos apuntedes ata o día 19 de Febreiro, ás 21:00 h (vigo(a)verdegaia.org ou no 661 240 605) para poder organizarnos para recollervos, se é preciso. Así que se ides vir en bus ou en tren a Vigo e precisades transporte ou indicacións ata Trasmañó tedes que avisarnos.