39853.jpgO vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias persoas que se acheguen.

Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas persoas interesadas o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Durante o transcurso e tamén ao remate do mercadiño cada participante deberá responsabilizarse e recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos. Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. Tamén podes acceder ao mercadiño permante en TrocaFerrol.