Verdegaia-Pontevedra organiza para este domingo 12 de xullo un ROTEIRO póla ribeira do Lérez na súa zona baixa entre a Xunqueira e Bora. A camiñata cunha duración de tres horas saira ás 9,30 horas desde a facultade de Ciencias da Educación e deportes, no campus da Xunqueira. Durante o mesmo ademais de disfrutar do entorno sinalaranse os elemento de biodiversidade mais interesante e os aspectos de impacto ambiental a corrixir.

VERDEGAIA ven de chamar a atención, nos pasados días, as autoridades do Concello de Pontevedra sobre o estado do tramo do Río Lérez que pasa polo concello.

Durante unha visita polo tramo baixo do Río Lérez realizada por membros do núcleo comarcal de VERDEGAIA Pontevedra, detectáronse numerosos impactos ambientais derivados principalmente das obras realizadas e promovidas polo Concello de Pontevedra que afectan tanto ó bosque de ribeira como ao leito do río.

O colectivo ecoloxista denuncia a abundancia de lodos, sólidos en suspensión, diferentes vertidos a canle do río pontevedrés e un estado deplorable da vexetación de ribeira constituída en grande parte por vexetación invasora con máis de 10 especies detectadas (Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Eucalyptus globulus, Eucaliptus camaldulensis, Robinia pseudoacacia, Conyza canadiensis, Phytolacca americana, Cortaderia selloana, Amaranthus sp., Buddleja davidii, Helichrysum foetidum, Cyperus egragostis, Tradescantia fluminensis, etc.).

VERDEGAIA non está de acordo coa creación do areal artificial por innecesario e polo impacto que supón no fráxil medio fluvial. Dende VERDEGAIA entendemos que se deberían destinar eses cartos á auténtica recuperación da ribeira do río, é dicir, á eliminación dos vertidos que aínda quedan, á recollida dos tubos abandonados e outro lixo existente nas súas marxes, á erradicación da flora invasora e ao fomento dunha vexetación autóctona e natural (ameneiros, freixos, carballos e salgueiros).

Recordar que o recen constituído núcleo comarcal de VERDEGAIA Pontevedra ten como zona de seguimento o LIC Río Lérez e vai dedicar unha boa parte do seu traballo como colectivo na defensa dese espazo natural chave para a nosa cidade.