ra17abril.jpgCon motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega, das que Verdegaia fai parte, levaron a cabo unha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación. Tras a celebración do enterro  na Praza Roxa de Santiago de Compostela, e o conseguinte veloiro-manifestación, procedeuse ao reparto de información denunciando os longos percorridos que recorren actualmente os alimentos, producidos a baixo custo polas multinacionais en países onde as leis permiten condicións de traballo que serían ilegais na Unión Europea, para logo poñelos á venta tras seren gravados con  grandes marxes comerciais.

Descarga as volantinas repartidas

pdf Volantina A

pdf Volantina B