• España é un dos 5 estados europeos onde aínda se produce foie gras, xunto con Francia, Bélxica, Bulgaria e Hungría; 18 países xa prohibiron a súa produción.
  • Regulamento 543/2008 da Comisión europea define no artigo 1.3 o foie gras como “o fígado de gansos ou de patos das especies Cairina muschata ou Cairina muschata x Anas platyrhynchos que teñan sido cebados de tal forma que se produza unha hipertrofia celular adiposa do fígado“.
  • O mesmo Regulamento aclara que os fígados de pato terán un peso neto mínimo de 300 g., e os de oca un peso neto mínimo de 400 g. 
  • Para que os fígados teñan ese peso desmesurado e poidan ser vendidos como foie gras, os productores realizan a chamada alimentación forzada.
  • Con apenas 4 meses de idade empeza a chamada alimentación forzada que consiste en alimentar os patos e gansos, durante polo menos dúas semanas, mediante un tubo metálico de 30 cm para que inxiran ‘alimento’ que non desexan. 
  • A dose vai aumentando progresivamente ata chegar aos 2 quilos de millo ao día, o equivalente nunha persoa a inxerir 10 quilos nun día.
  • Deste modo o fígado alcanza un peso 10 veces superior ao normal, transformándoo nun órgano enfermo, pero que está listo para ser vendido como artigo de luxo.
  • Cada ano un millón de patos e ocas son sometidos a alimentación forzada para que o seu fígado creza de modo anormal 
  • O consumo responsábel é parte indispensábel do traballo de procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global (e á enerxética, financeira, alimentar…). Xa te preguntaches se consumes ou devoras?