A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO están organizando a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo dende o sábado 5 ata o 16 de maio para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado, que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. O salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión; e as té cnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do ambiente.
ACTIVIDADES
MERCADOS TRANSPARENTES e MERADIÑOS DE TROCO
Na que se exporán produtos locais das produtoras do sindicato labrego e produtos de comercio xusto
PONTEVEDRA
Sábado 12 de maio. Praza de Ourense ó carón da Ferrería.
Hora: 11:00 a 14:30
Participan: Amarante, Sindicato Labrego e A Cooperativa A Gradicela
RIBADEO:
Domingo 13 de maio. Praza de Abastos
Participan: Amarante, Sindicato Labrego
Hora: 11:00-14:00 horas
MESA REDONDA: “Soberanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”
Hora: 12:30 horas
CAFÉ DE COMERCIO XUSTO NAS CAFETERIAS O DIA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO. 12 DE MAIO
Asemade AMARANTE SETEM dentro do DIA DO COMERCIO XUSTO organizará unha campaña nas cafeterías das zonas monumentais de Pontevedra e na Rúa de San Pedro en Santiago para promover o café de comercio xusto onde un total de 60 cafeterías e restaurantes porán café de comercio xusto o 12 de maio e repartirase folletos informativos.
SANTIAGO COMPOSTELA:
Cafeterías do Barrio de San Pedro e redores.
PONTEVEDRA:
Cafeterías e canal HORECA do Casco histórico de Pontevedra e redores da Praza da Ferrería
CONFERENCIAS en RIBADEO
Martes 15 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “A Política Agraria Común”, co Sindicato Labrego Galego
Hora: 20:30
Mércores, 16 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “As finanzas éticas”. Marta Rodríguez, FIARE GZ e Ramón Carmelo COOP57 GZ
Hora: ás 20:30
Tedes máis información na web de Amarante
//www.amarantesetem.org/index.