Verdegaia quere desmentir a nova “Un grupo ecologista trabajará para que Samil vuelva a tener dunas”, publicada o pasado luns na sección de Vigo do xornal 20 minutos, xa que está chea de incorreccións, algunhas delas postas en boca dun membro da asociación que nunca as comentou. 

Enumeraremos unha por unha as incorreccións desa desafortunada nova:

  • "Un grupo ecologista trabajará para que Samil vuelva a tener dunas": esto refírese a Verdegaia e é incorrecto, xa que esta organización non pretende levar a cabo esa tarefa.
  • "En la playa de O Vao se han instalado ceniceros": os cinceiros ós que se refire a nova non se instalaron na praia do Vao, senón que se atopan na praia da Fontaíña.
  • "Después del fracaso del plan municipal de recuperación de esta zona, ahora será la organización ecologista Verdegaia la que tome las riendas. Así lo aseguró ayer uno de sus miembros": ningún membro de Verdegaia dixo eso nin nada semellante.
  • "…en verano, nosotros recogemos sacos llenos de colillas en esta playa": esto é unha incorrección xa que se refire a Verdegaia, cando o que se explicou nun roteiro é que quen organiza esa recollida é a Asociación Fontaíña.
  • "La ruta se enmarca dentro del programa Roteiros 2007-2008 y ayer se realizó de forma simultánea en Vigo y Lugo": a segunda parte da frase é incorrecta xa que Verdegaia non realizou o 20-1-08 ningún roteiro de xeito simultáneo en Lugo.