O sábado 7 de febreiro voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa estivemos o pasado mes de maio machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira. A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi
Apúntate até o mércores 4 de febreiro. A xornada enmárcase nas actividades do proxecto De monte a monte: territorios resilientes, no que colaboramos Verdegaia, a Fundación Montescola e Veredas da Estrela.
Para vos apuntardes, en todos os casos, debedes enviar email a info@montescola.org indicando a xornada ou xornadas nas que vos queredes apuntar. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.





















