O vindeiro sábado 27 de xuño de 2026 Verdegaia organizará unha xornada de Descuberta da biodiversidade no río Barxa.
Comezaremos ás 10 h. nun punto do río Barxa en Sárdoma (Vigo) e iremos ascendendo polo río para ir anotando todas as especies de seres vivos que nos vaiamos atopando ó longo do noso paseo por este enclave natural de tanto interese ambiental.
Ó rematar realizaremos unha posta en común de todo o observado para redactar unha listaxe actualizada da fauna e flora presente nesta área.
.Guías: Marga Rubido e Diego Vieitez
.Data: sábado 27 de xuño, de 10:00 a 13:00
.Inscrición: A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.



















