Grazas ao aviso dunha colaboradora pudemos interpoñer denuncia por vertidos ao río Tambre ante Aguas de Galiza e o Seprona.
Estes vertidos levan véndose varias semanas no río e, nunha visita realizada o día 4 de novembro púdose observar desde a área recreativa e piscina fluvial de Tapia, Ames (comarca de Compostela), e continuando río arriba dese lugar, e durante varios quilómetros até a confluencia co concello da Baña, continuando río arriba e sen pudermos detectar de que lugar procedían.
Esta espuma turbia e escura de aspecto aceitoso non se disolve na agua e permanece acumulada naqueles lugares onde hai menos corrente ou obstáculos, como se pode observar nas fotografías.
Denunciamos estes feitos por se fosen constitutivos de delitos contra o medio ambiente e os recursos naturais, así como de infracións administrativas atendendo ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico e outras normativas de aplicación.