A Campaña "Quen debe a Quen?", da que Verdegaia fai parte, ven de presentar o documento Declaración sobre a proposta de "Cumio Global" para reformar o sistema financiero internacional  na que se esixe unha verdadeira resposta global a unha crise global, unha resposta que xurda froito dun proceso de consulta non excluínte, con participación cidadá e que procure unha verdadeira transformación das relacións económicas internacionais cara un modelo verdadeiramente xusto, sustentábel e responsábel.

 

Declaración sobre a proposta dun "Cumio Global" para reformar o sistema financeiro internacional

Antecedentes

Nos últimos meses viuse unha das crises financeiras máis significativas da historia de Norte América e Europa. A resposta foi igual de histórica. Para evitar recesións rexionais e globais e restablecer a estabilidade e a confianza no mercado, os gobernos do Norte están levando a cabo un programa masivo sen precedentes de intervención gobernamental e nacionalización de bancos, inxección xeralizada de subsidios a institucións en crises e a re-regulación dos seus sectores financeiros.

Esta resposta contrasta directamente coas austeras políticas neoliberais que se lle veñen impondo aos países en desenvolvemento por parte do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e os países desenvolvidos durante os últimos trinta anos. Os gobernos foron forzados a liberalizar as barreiras comerciais, desregulamentar os mercados financeiros e laborais, privatizar as industrias nacionais, abolir os subsidios e reducir o gasto social e económico. O estado viu drasticamente reducido o seu rol.

Este dobre estándar non soamente é inaceptable, senón que tamén é un sinal da desaparición do fundamentalismo do libre mercado. O sistema financeiro internacional, a súa arquitectura e institucións foron excedidos totalmente pola magnitude da actual crise financeira e económica. O sistema financeiro, a súa arquitectura e institucións deben ser completamente reformulados.

Unha verdadeira resposta global a unha crise global

Nas últimas semanas, dirixentes mundiais recoñeceron as deficiencias do sistema actual e manifestado a necesidade de reunirse para abordar un conxunto máis amplo de propostas para reformar o sistema financeiro mundial e as súas institucións. É, por suposto, imprescindible chegar a un acordo sobre medidas inmediatas para facer fronte á crise, e facemos fincapé en que debe darse prioridade aos impactos sobre os empregados e traballadores comúns, aos fogares de baixos ingresos, xubilados e outros sectores moi vulnerables. Pero nos preocupa profundamente que as reunións propostas leven a cabo dunha forma apresurada e non incluyente, e que polo tanto non aborden a ampla gama de cambios necesarios nin asignen equitativamente a carga dos mesmos.

Aínda que a crise orixinouse en países do Norte, os impactos serán probablemente maiores nos países en desenvolvemento. Polo tanto, é fundamental que todos os países teñan voz no proceso de cambio da arquitectura financeira internacional. Solucións non equitativas nin sustentables para transformar o actual sistema serían o resultado dunha conferencia preparada con urxencia e que exclúe a moitos países e á sociedade civil. Eses esforzos poden socavar de feito aínda máis a confianza pública e limitar aos países que xa están optando por solucións rexionais por sobre un sistema financeiro internacional máis forte, máis coherente e máis xusto.

As nosas demandas – tempo para repensar a fondo

Nós, as organizacións da sociedade civil abaixo asinantes, apoiamos unha transformación imprescindible e de longo alcance do sistema económico e financeiro internacional. Para servir a este fin, apoiamos unha conferencia internacional convocada polas Nacións Unidas para examinar a arquitectura financeira e monetaria, as súas institucións e o seu goberno, pero soamente se a reunión comprométese nun proceso que:

1. É incluinte e dá participación a todos os gobernos do mundo;
2. Inclúe a representantes da sociedade civil, a grupos cidadáns, movementos sociais e outras partes interesadas;
3. Ten un calendario claro e un proceso de consultas rexionais, en particular con quen son máis afectados pola crise;
4. É amplo no seu alcance, encarando toda a gama de temas e institucións;
5. É transparente, con propostas e proxectos de documentos postos a disposición do público e discutidos antes da reunión.

Debe facerse pleno uso do novo grupo de traballo das Nacións Unidas sobre o sistema de financiamento mundial, a próxima reunión sobre Financiamento para o Desenvolvemento e outras instancias da ONU para preparar esa reunión mundial.

Non existen solucións rápidas na transición do sistema actual – que fomentou a inestabilidade e a inequidad- cara a outro xusto, sostible e responsable que xere beneficios para a maioría dos pobos do mundo.

Asina a declaración