O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz. Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva. Así mesmo, tamén este mércores, este movemento social, participará na saída nocturna que o IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) fai para visitar o petróglifo da Agua da Laxe en Vincios, Gondomar, no corazón da serra. 

A visita parte do local, sede do IEM: Avd. da Feira, nº 10 en Gondomar, para dende alí dirixirse ata Vincios onde os arqueólogos deste organismo farán unha interpretación das figuras inscritas nesta enorme laxe, así como de outros petróglifos adxacente a ela e que forman parte dos valores patrimoniais deste entorno. A visualización destes gravados con luz rasante proporcionada por focos fai máis perceptible as súas formas, e a visita ten ademáis o engado do paseo de noite ao pé das altas cumes do Galiñeiro. http://www.serradogalinheiro.org