A débeda ecolóxica, no plano internacional, surxe de dous conflitos ecolóxicos distributivos: o intercambio ecoloxicamente desigual e o uso desproporcionado do espazo ambiental por parte dos países ricos.

Ecologistas en Acción ven de presentar unha interesante compilación de informes sobre a débeda ecolóxica española con Lationoamérica, centrada na débeda do carbono, a perda de soberanía alimentar, os pasivos ambientais, a biopirataría e a exportación de residuos. O documento reférese á penetración de transnacionais españolas en América Latina, entre elas Repsol-YPF, Unión Fenosa, Endesa e Iberdrola.

Máis información:
¿Quien debe a Quién?
Ecologistas en Acción

Baixa o documento: informe debeda ecoloxica ecologistas en accion.pdf