As Pontes 2023: Operación Lago, O noso monte, o noso futuro e Non nos quitaredes os soños, as curtas gañadoras do Revoltallo Audiovisual 2014.cestas cos premios

 

O pasado mércores 21, no local da AA.VV. A Xuntanza, tiveron lugar as proxeccións e concurso de curtas do Revoltallo Audiovisual 2014, que organizamos en Compostela xunto a este colectivo veciñal e Amarante Setem.

 

Nun ambiente familiar e distendido, con presencia de moitas das persoas que realizaron os traballos a concurso, pasamos as oito curtas seleccionadas para o certame:

 

As Pontes 2023: Operación Lago.

Desiderata.

O foxo do lobo de Sabaxáns e a súa problemática.

Verbas.

El Virus

Democracia.

Non nos quitaredes os soños.

O noso monte, o noso futuro.

 

Finalmente, tras votación do propio público, as curtas gañadoras foron as seguintes:

 

Empatadas no terceiro e segundo premio: 

3º premio2º premio

As Pontes 2013: Operación Lago.

 

Unha obra colectiva dirixida por Sabela Pernas e Xosé Alberte López, que ironiza sobre o lago artificial xerado no oco da antiga mina de lignitos.

 

O noso monte, o noso futuro.

 

Produto dun traballo escolar do IES Xulián Magariños de Negreira, realizado por Rocío Iglesias, José Vicente Julia-García, José Rugido, Alba Tuñas e Adrián Vidal, baixo o coidado da profesora María Blanco. O alumnado escolleu achegarse ao tema do monte tras da vaga de lumes que no pasado verán afectaron á contorna deste concello.

 

 

O primeiro premio foi para:

1º premio

 

Non nos quitaredes os soños, que parte tamén do alumnado do IES Xulián Magariños, neste caso realizada por Alba García Ardións e Ariana Golán Garrido. Esta peza trata de transmitir como vive unha adolescente o desafiuzamento do seu fogar familiar e é unha denuncia ao papel da banca nestes casos.

 

Os premios consistiron nunhas cestas con produtos de comercio xusto e ecolóxicos (do mercado do Lusco e Fusco) e libros e camisolas dos nosos colectivos.