II Curso: O Currículo oculto antiecolóxico dos libros de texto: unha educación para o Desenvolvemento “SosteMible”?

Formulario de inscrición

nenomochila.jpg Que a deterioración da biosfera aumenta a unha velocidade cada vez maior parece estar xa fóra de toda dúbida. A globalización capitalista precisa de inxentes cantidades de materias primas para o mantemento do nivel de vida do 10% da poboación mundial que posúe o 85% do capital (Wider, 2006), ignorando a situación dos 5.400 millóns de persoas restantes. As consecuencias: un desequilibrio social e ambiental, que paralelo ao crecemento exponencial do consumo e nivel de vida (que non necesariamente calidade de vida), dese 10% rico, comeza a amosar o rostro dun Dr. Jekill, que xa non precisa de Mr. Hyde para portarse mal.

Que é o que se aprende desta crise ambiental nas escolas?

Que é o que lles ensinan aos nenos e nenas para facer fronte aos desafíos futuros?

Buscando dar resposta a parte destas preguntas, a Comisión de Educación Ecolóxica de Ecologistas en Acción, elaborou un estudo cualitativo sobre os libros de texto, buscando as mensaxes explícitas, implícitas, as omisións ou as deformacións duns contidos que agochan a magnitude da insostibilidade, as súas causas e as súas responsabilidades.

 

No primeiro curso do currículum antiecolóxico dos libros de texto avanzamos na identificación das chaves da insostenibilidade e o pensamento antiecolóxico que se constrúe dende os libros de texto para, a continuación, desenvolver unha análise artesanal dalgúns dos libros empregados polos escolares galegos.

Nesta segunda edición, organizada por Verdegaia queremos, ademais de continuar traballando no coñecemento das claves da insostenibilidade, compartir o traballo realizado e sentar as bases metodolóxicas para a elaboración dun estudo completo da situación dos libros galegos, animando a todas aquelas persoas e colectivos que puidesen estar interesados.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas e colectivos interesados na educación e na cultura da sostibilidade

OBXECTIVOS

    • Facerse máis conscientes da insostibilidade do noso modo de vida e coñecer algunhas chaves da sostibilidade.
    • Analizar o currículo oculto insostible dos libros de texto.
    • Cambiar os lentes para entender as categorías fundamentais da vida dende a sustentabilidade.
    • Aproximarse a claves, estratexias e recursos dunha educación para a sustentabilidade.
    • Aumentar o número de integrantes do grupo de traballo que poida acometer a elaboración dun estudo do currículo antiecolóxico dos libros de texto en Galiza.

      CONTIDOS

        • Repaso dos conceptos e contidos relacionados co traballo desenvolvido ao redor currículo oculto insostible dos libros de texto.
        • Posta en común do traballo realizado. Definición de dificultades e metodoloxías de traballo
        • Definición da metodoloxía do estudo no contexto galego e asignación de responsabilidades 

          LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

           

          9 febreiro de 2008

          Centro de educación ambiental Equal. Coles (Ourense). Estrada Ourense-Santiago, dirección A Peroxa Teléfono: 669 25 72 83 / 988 26 43 10

          Data límite de inscrición. 5 de febreiro. Prazas limitadas.  

          LOXISTICA

          Existe a posibilidade de durmir no Centro Equal, as noites do 19 e do 20. (11 € por persoa e día, almorzo incluído)
           

          Formulario de inscrición