Aprende a coñecer as plantas: curso teórico-práctico de botánica

O sábado 23 de maio organizamos unha ruta pola Xunqueira do Alba (Pontevedra), dentro do programa 12 meses, 12 saberes, na que aprenderemos a identificar as plantas silvestres que nos rodean.

Coa axuda de lupas, un microscopio e fichas de apoio observaremos con detalle fentos, leguminosas, gramíneas…

Na primeira parte, nunha sala do Pazo da Cultura, faremos un repaso de conceptos botánicos, para logo poñelos en práctica directamente no campo.

  • Guía: Marga Rubido
  • Data: sábado 23 de maio, de 10:30 a 13:30
  • Punto de encontro: Pazo da Cultura (Pontevedra)
  • Dificuldade: baixa – 4 km

Inscrición: Limitada a 20 persoas, as socias terán preferencia ata o luns 18 de maio.

A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.