CARTEL-CAMBIO-CLIMATICO-xornadas MAs asociacións Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia xunto con Coalición Clima queremos convidar a todas aquelas persoas interesadas a que veñan ás xornadas que organizamos en Vigo este xoves 8 novembro ás 19:00 na Federación Veciñal `Eduardo Chao´ (Praza da Princesa 7 – 2º ) e o venres 9 de novembro ás 19:30 no Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 12) . Pensamos que é unha oportunidade de achegar á cidadanía o importante asunto que nestes días reúne a científicos do IPCC na nosa cidade.
 

O xoves teremos dúas palestras: o asunto dende un punto de vista global e despois centrado nas repercusións na Ría de Vigo. O venres será a quenda dunha mesa redonda na que reflexionaremos sobre como se pode contribuír á loita contra a Mudanza Climática dende as políticas locais.