O sábado 11 de xaneiro celebrouse na Casa do Matadoiro de Compostela a 2º Asemblea Xeral do Movemento Galego polo Clima.

Na Asemblea participaron máis de 40 persoas procedentes de todo o país que representaban a máis de 80 organización asinantes do Manifesto Galego polo Clima realizado en 2019 e que sigue sumando apoios de novas organizacións. Entre as entidades que asinamos e formamos parte do movemento polo clima participan as organización ecoloxistas, entre a que se encontra Verdegaia, e as novas organizacións de loita contra a Emerxencia Climática, movementos sociais de defensa da terra, sindicatos agrarios, organizacións sociais, culturais, comunidades de montes…

O debate correu nun bo ambiente e púdose avanzar no futuro do Movemento, sobre o que se plantexaron e aprobaron novas accións de cara ao futuro inmediato coa finalidade de profundizar no traballo e aumentar o número de apoios e difusión social das propostas realizadas polo movemento.

O máis importante do plantexado é a realización dun novo Manifesto polo Clima que recolla o do manifesto anterior (2019) e que poña os pés na terra no sentido de ofrecer respostas activas que desde Galiza se podan realizar para mitigar a emerxencia climática. Para a realización do Manifesto creouse unha comisión de traballo que vai realizar un borrador, xunto coa recolla das propostas de todas as persoas e colectivos que o desexen, para levar a debate un novo texto.

Tamén se crearon novos grupos de traballo para favorecer a comunicación interna e difusión das propostas do Movemento e un grupo de traballo para organizar un encontro nacional no verán de todas os colectivos e persoas que desexen participar e que, ante a proposta da Comunidade de Montes de Tameiga, se aprobou levar adiante o encontro nese lugar.

Para ler a acta desta asemblea pincha aquí.