Este 29 de abril un dos barcos da flotilla rumbo a Gaza, na que ía o noso compañeiro Edi de A Ría Non se Vende, xunto con outros membros da delegación galega, foi atacada pola armada israelí en augas internacionais entre Italia e Grecia.
Primeiro mandáronlles parar e ao non facelo,dispararon 3 veces a modo de advertencia e deseguido foron facer o mesmo a outros barcos. Foron apontados con láseres e armas de asalto semiautomáticas., obrigaron a todos a que se puxeran de xeonllos na proa coas mans en alto. Os compañeiros e compañeiras da flotilla mandaron un S.O.S. e informaron de que as comunicacións estaban sendo interferidas. Cren que 22 barcos foron interceptados e 175 persoas retidas e desas 175 persoas, 6 son galegos. Do noso compañeiro, o vigués Duarte Ferrín (Edi), non temos novas nestes momentos, polo tanto non sabemos se está entre as persoas secuestradas.
Logo comezaron a ver drons que os sobrevoaban e que se ían achegando cada vez máis, así como varios buques militares e lanchas rápidas. Cortaron a comunicación por radio mentres seguían navegando coa esperanza de que soamente quixesen asustalos pero a armada israelí continuou cercándoos. Tentaron agacharse, apagar as luces e quitar a súa localización. Edi escribiu ás dúas da mañá: “se mañán non me comunico é que nos secuestraron” e aí perdeuse toda a cobertura.
Foron atacados no Mediterráneo, nunha zona moi controlada polas institucións europeas. As embaracacións estaban na zona de rescate de Grecia e nada máis notar a presenza da armada israelí, emitiron un sinal de S.O.S, porén non recibiron ningún tipo de auxilio, vulnerando os principios máis elementais do dereito marítimo internacional, mentres a UE fai como se que non sabe, dando por boa unha tregua inexistente e mira para outro lado, cunha complicidade total con Israel e deixando a multitude de cidadáns europeos á súa sorte. A mesma Unión Europea que mira para outro lado ante un imperialismo totalmente obsceno liderado por Trump e Netanyahu, dous exemplos de individuos espeluznantes:
Netanyahu está acusado de corrupción, fraude e abuso de confianza no seu país e encadea guerra tras guerra, asasinato tras asasinato, mais xa se sabe que será indultado antes de que se celebre un xuízo, varias veces aprazado porque estaba moi ocupado coa aniquilación de Palestina, de Cisxordania, ou de Irán ou do Líbano. Israel é o principal instrumento dos yakies na rexión euroasiática.
Un Trump síntoma do declive estrutural dos EE.UU., cuxa estratexia é un imperialismo neomercantilista cada vez máis hostil e competitivo baseado na presión económica, aranceis, militarización do comercio e a destrución do multilateralismo.
Durante estes meses, cun falso cesamento do fogo na zona que os EE.UU. nos queren vender, Israel, o seu fiel aliado, continúa cos asasinatos e a ocupación. O obxectivo da flotilla é abrir un corredor humanitario permanente e intensificar a presión internacional sobre os gobernos e empresas cómplices deste xenocidio.
Nun mundo no que as plataformas dixitais nos teñen colonizada a mente, funcionando como ferramentas que fomentan o individualismo, a desestruturación, e a despolitización e o analfabetismo social, estamos orgullosas de todas as compañeiras que tomaron rumbo a Gaza para denunciar o xenocidio que están a sufrir milleiros de seres humanos na Palestina, que o pobo palestino aínda non acadou os seus dereitos inalienábeis definidos pola Asemblea Xeral da ONU como o dereito á autodeterminación sen inxerencias externas, independencia e soberanía nacional, o dereito a volver aos seus fogares, dos que foron desaloxados e, hoxe en día, como outros tantos hoxes do pasado, o dereito á vida, que lles está sendo arrebatada. Os asasinatos continuos, as desaparicións e as violencias de todo tipo que violan sistematicamente o dereito e a ética máis primaria, mentres a comunidade internacional mira para outro sitio.
E aquí citamos en orixinal a Gabriel García Márquez: “[…en este planeta donde cada día mueren 24.000 pobladores por hambre o enfermedades curables, Estados Unidos no representa la libertad, sinó un enemigo lejano y terrible que sólo siembra guerra, hambre, miedo y destrucción. Siempre han sido conflictos bélicos lejanos para ti, pero para quienes viven allá es una dolorosa realidad cercana, una guerra donde los edificios se desploman bajo las bombas y donde esa gente encuentra una muerte horrible. Y las víctimas han sido, en el 90 por ciento, civiles, mujeres, ancianos, niños, efectos colaterales…”



















