A coordinadora Eólica Así Non convoca a concentrarse ante o Parlamento de Galiza en Santiago de Compostela o próximo luns, 20 de novembro, ás 16:30h, contra a depredación eólica. Baixo o lema ‘As leis do capital non son de interese xeral. O PP prevarica‘, Eólica Así Non mostra o seu rexeitamento á figura do interese público superior para proxectos eólicos e ás “leis de depredación” que a Xunta de Galiza crea para blindar a súa política eólica, baseada na especulación, na falta de ordenación e na inxustiza social e ambiental, fronte ás sentenzas xudiciais que a tomban.

Acode! Por unha transición enerxética xusta e sustentábel!