O vindeiro sábado, 29 de agosto, ás 12, terá lugar unha concentración na praza do concello de Ribeira, en contra do actual proxecto de macrodepuradora en Couso (Aguiño).
Apoian a convocatoria:
- Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
- Agrupación de Mariscadores de Aguiño
- Club de Xubilados de Aguiño e Carreira
- Asociación de Armadores do Cerco
- Asociación Cultural e Deportiva a Dourixeira
- Asociación Musical Albéniz
- Asociación de Veciños Ardora
- Asociación de Nais e Pais do CEIP de Aguiño
- Sociedade Deportiva Xuventú Aguiño
- Asociación Pax in Requiem
- Asociación de Redeiras Virxe do Carme
- Asociación Veciñal Francisco Lorenzo Mariño
- Verdegaia
- plataforma Medioambiental de Corrubedo
- Asociación Cultural Bastantes Jon
- Asociación Sagres en Defensa do Litoral
Os colectivos convocantes reivindicamos:
- Unha depuración diferenciada para o polígono industrial de Xarás, e que o proxecto de depuradora para o polígono sexa previo a ningún outro, para garantir debidamente esa diferenciación
- Outras dúas depuradoras para augas fecais, tal e como contempla unha das alternativas avaliadas no proxecto, que se desbotou polo investimento necesario e a pesar de recoñeceren que con ela non hai posibilidade de traspaso. Entendemos que "a problemática actual" hai que resolvela, e non "traspasala"
- Que o emisario se prolongue ata augas profundas, onde se asegure un mínimo impacto
- Que o proxecto se someta aos trámites de avaliación de impacto ambiental, tal e como se recolle no decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (punto 1.12.1 do anexo I)