Os/as veciños/as, Anacos da Cidade e Verdegaia convocan a toda a cidadanía a unha concentración na Praza maior o venres 7 de marzo ás 10:00 h. para protestar contra o incumprimento da retirada das chemineas de Mercadona en Mariñamansa.
Lembrámoslle a todo o mundo que a decisión de retirar as chemineas e darlle a licenza coa condición de retirar as chemineas en seis meses ó supermercado foi tomada por unanimidade en Xunta de Goberno e a modificación do trazado dos condutos de ventilación noutra Xunta de Goberno tamén por maioría.
Seguimos sen comprender o cambio de opinión da Concellería de Urbanismo, xa que os últimos argumentos esgrimidos pola concelleira, Áurea Soto, de que hai outros veciños que agora queren que as chemineas non se retiren da praza non se sustentan ó explicar ela mesma que en anteriores escritos non admitiron as súas peticións.
É importante que a cidadanía lle demostre á clase política que a legalidade debe asumila en primeiro lugar a Administración que a xerou.
Xuntémonos todos/as o venres para esixir que se cumpra a legalidade e se retiren as chemineas XA!