O día 16 de xuño Verdegaia Ourense realizará de novo a comparativa de medios. Esta comparativa consiste en facer un percorrido de tres tramos con varios medios de transporte (andando, en bici, en coche, en taxi e en autobús).

             As 5 persoas deben facer os mesmos percorridos e anotar o tempo que tardan entre o punto de partida e o de chegada dos diversos tramos.

             Cando as 5 persoas cheguen ó destino final, analizarase tamén o gasto de cada un dos medios de transporte (combustibles fósiles como gasoil ou gasolina, gasto do propio medio de transporte -rodas, aceite, etc.-, gastos económicos -billete do autobús e tarifa do taxi…). Deste xeito, farase un cálculo do custe económico e tamén do custe ambiental de cada un dos medios de transporte.

            Este ano saírase o día 16 de xuño ás 19.30 horas da Praza Maior e os percorridos serán os seguintes:

            -Praza Maior-Residencia

            -Residencia-Universidade

            -Universidade-Estación de tren

           En canto estean analizados todos os datos, darase a coñecer o medio de transporte gañador de cada categoría (máis barato, máis ecolóxico e máis rápido) e a análise de todos os datos.