O vindeiro mércores 8 de outubro ás 20:30, Verdegaia celebrará no Pub Paraíso Perdido (r/Antealtares,3. Compostela) unha tertulia sobre a relación entre o Ecoloxismo e o Vexetarianismo. Con estas tertulias, que vimos celebrando dende o mes de marzo deste ano, a nosa asociación quere compartir temáticas e debates con todos/as aqueles/as que queiran participar nesta actividade, falando e coñecendo experiencias e actividades de diversa índole Nesta ocasión, o tema escollido é o do vexetarianismo e a súa relación co movemento ecoloxista, tanto no que respecta as súas accións como nos seus fundamentos ideolóxicos e á súa relación coa actual situación do planeta. Esperámoste alí!!