O obradoiro nº2 do programa de Verdegaia “Cociña responsable-mente” realizarase en dous grupos debido á cantidade de participantes do primeiro e a posterior demanda. Realizarase no local da Troita Armada (Rúa Pombal, 18) en Compostela, un será o xoves 11 de xuño ás 19’30h e o outro o sábado 13 de xuño ás 11’30h, polo que debedes avisar en cal queredes participar. Anotádevos en compostela(a)verdegaia.org ou no 676029049. Os contidos versarán sobre a realización dun menú completo (primeiro, segundo e sobremesa) seguindo os principios da Cociña Responsábel. Podes coñecer máis sobre a cociña responsábel aquí
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
5 días fai
Pola defensa do Ulla e da Ría de Arousa, manifestación 14 de xuño na Illa de Arousa
Verdegaia apoia a mobilización convocada polas plataformas Ulloa Viva, Defensa da Ría de Arousa e Mina Touro-O Pino Non, para o 14 de xuño, contra o proxecto de Altri, a mina de Touro e en Defensa da Ría de Arousa. A marcha de terra arrincará da praia do Vao, na Illa de Arousa, ás 12:00h, baixo o lema Pola defensa do Ulla e da Ría de Arousa. Re-matemos Altri e a mina de Touro-O Pino
www.verdegaia.org/wp/pola-defensa-do-ulla-e-da-ria-de-arousa-manifestacion-14-de-xuno-na-illa-de-...
... Ver máisVer menos
1 semana fai
A vivenda cústanos a vida, manifestación o 5 de xuño en Vigo
Verdegaia apoia a Alianza pola Vivenda Vigo, que o próximo venres 5 de xuño organiza unha Manifestación na Praza dos Cabalos ás 20h.
www.verdegaia.org/wp/a-vivenda-custanos-a-vida-manifestacion-o-5-de-xuno-en-vigo/
... Ver máisVer menos

















