8 e 9 de Marzo celebrarase unha Cimeira Europea de presidentes do goberno e xefes de Estado, nela estudarase a posibilidade de establecer, para 2010, un obxectivo de utilización do 10% de biocarburantes no sector do transporte. É a derradeira oportunidade de evitar que esta proposta se converta en obrigatoria para todos os países da UE.
 

A aposta polos biocombustíbeis como ferramenta para o comabate do cambio climatico está a ser cada vez máis posta en causa: pola súa dubidosa eficacia e polos seus impactos ambientais e sociais en países empobrecidos:

O balanzo enerxético da fabricación de biocombustíbeis é mínimo e mesmo podería ser negativo, segundo os casos.

A UE non se pode autoabastecer de biocombustíbeis, polo que tería que importar a materia prima doutros países. Os cultivos enerxéticos en países tropicais destrúen selvas e turbeiras, diminuíndo así a biodiversidade e contribuíndo ao agravamento do cambio climático.

A utilización de cereais para a elaboración de biocombustíbeis e de terras agrícolas para cultivos enerxéticos ameaza a soberanía alimentaria dos países empobrecidos.

Todo isto está a facer medrar a oposición á fabricación de biocombustíbeis sen eficiencia enerxética e sen cautelas ambientais e sociais. A UE debe reduzir o seu consumo enerxético e basealo en fontes renovábeis, non simplemente substituír combustíbeis fóseis por “biocombustíbeis”.

Envía unha carta ao presidente do goberno español!
Envía cartas a todos os presidentes e xefes de Estado da UE!

Máis información:
Reclaman soberanía alimentaria perante a ameaza dos cultivos energéticos
Biocombustíbeis: Alternativa?