Este filme de Micha X. Peled. que se proxectará o mércores 26 de marzo ás 20:30h. adéntranos nunha fábrica de “tejanos” onde dous mozos, Jasmine e Orchid, intentan sobrevivir ás difíciles condicións laborais.
Dende os diferentes chanzos da xerarquía da empresa, o filme móstranos os complexo problemas dun mundo globalizado, ó mesmo tempo que nos facilita un informe actualizado e alarmante sobre as presións económicas que instauran as compañías occidentais e as súas consecuencias humanas.
Contaremos coa presenza de Fernando Couñago, directora de Amarante e coordinadora da campaña “Roupa limpa” en Galicia.
Ó longo de todo o ciclo do cine-fórum iremos poñendo nesta web resumos dos filmes que se van proxectar, pero valla como adianto a programación:
9 de abril Xares, o río que nos leva (Pedro Prada, Galicia, 2007)
23 de abril La pesadilla de Darwin (Hubert Sauper, USA, 2004)
7 de maio Memoria del saqueo (Fernando “Pino” Sólanas, Arxentina, 2003)
21 de maio Surplus, consumidores aterrorizados (Erik Gandini, Suecia, 2003)
4 de xuño As Encrobas. A ceo aberto (Xosé Bocixa, Galicia, 2007)