cartaz marcha contra celulosas 2013Hoxe calquera sabe que ENCE é unha empresa ilegal, condenada por “delicto ecolóxico continuado”, e que, lonxe de crear riqueza na zona está destruíndo a Ría, a saúde e calidade de vida e as posibilidades dun desenvolvemento sustentabel baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, turísticos e forestais, un desenvolvemento que pode proporcionar maior número de postos de traballo e maior rendabilidade económica e que é absolutamente incompatibel coa presenza de CELULOSAS na súa actual ubicación.

O día 1 de xuño farase nunha nova “MARCHA CONTRA CELULOSAS” para apoiar a esixencia do peche do complexo e contra a ampliación da concesión que recolle a nova lei de costas. VERDEGAIA como non podía ser doutro xeito apoia esta mobilización e  facemos un chamamento á poboación a participar masivamente nesta marcha.

Charla Contra Prorroga ENCEA súa vez informamos tamén que nace unha plataforma en Pontevedra  baixo o nome “Plataforma 2018 contra a prórroga a ENCE”, da que VERDEGAIA forma parte. Esta plataforma nace coa ideia de denunciar e traballar en prol de evitar que ENCE, coa modificación da lei de costas, poida estar na ría de Pontevedra máis aló do 2018.

Entre as primeiras actividades a desenvolver por esta plataforma está unha  charla-coloquio, baixo o lema de “ POR UN MODELO SUSTENTÁBEL PARA A COMARCA, CONTRA A PRÓRROGA A ENCE”, na Casa das Campás o día 29 de maio, ás 20:30h