Categoría: Feminismo

Loading

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Calendario de mobilizacións Eólica Así Non

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

Síguenos en Telegram

Educación

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

1 semana fai

verdegaia
#COP27 O futuro do Planeta non pasa so polo CO2 ▶As emisións de gases de efecto invernadoiro son unha das principais ameazas ambientais pero existen moitas outras que tamén esixen unha intervención inmediata.💥Destrución de hábitats, expansión de especies invasoras, desertificación,… son problemas globais consecuencia dun modelo económico que as autoridades nin cuestionan.🚢Mentres sigamos con un modelo baseado no tráfico de mercadorías e de persoas, que persigue un constante crecemento produtivista, non atoparemos solucións reais, simplemente conseguiremos mitigar a problemática, tornándoa cada vez máis difícil de solucionar.🚗🚕🚙Existen múltiplos exemplos pero seguramente a chamada electrificación da mobilidade sexa o exemplo máis claro desta perspectiva. Que os vehículos que ateigan cidades e vilas pasen do motor a combustión ao motor eléctrico permitirá mellorar a calidade do aire pero:- non diminuirá boa parte da emisión de partículas PM 2,5, as máis daniñas para a saúde, emitidas polo desgaste dos neumáticos e polo uso dos freos;- non evitará o continuo crecemento das infraestruturas viarias que fraccionan e rachan o territorio;- acentuará a problemática social e ambiental que implica a extracción do Litio ou a acumulación dun residuo tan perigoso como as baterías. ✅Esta serie de posts sobre a COP27 tentou transmitir que a perspectiva actual dos que deteñen o poder non pasa por solucionar problemas senón de ir contornando os obstáculos que van xurdindo na carreira desenfreada que supón o capitalismo.📣Tócanos a nós, dentro das nosas posibilidades, nin que sexa unha hora á semana, dedicar un tempo a protexer, a restaurar, a entender ou a denunciar… será unha pequena achega pero cumpre lembrar a máxima:🌳“Moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequenas, cambiarán a face da Terra.” ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

1 semana fai

verdegaia
Os acordos da COP27 son insuficientes pero o peor de todo é que nin así se van respectar Se nas últimas edicións xa se falaba que as reunións da COP pouco achegan á loita contra a mudanza climática, a edición COP27 está confirmando que non é máis que outro ‘lavado verde’ ao que administracións e multinacionais tanto nos teñen habituado.▶Na #COP26 celebrada en Novembro do ano pasado, o goberno español foi un dos 169 signatarios do chamado Pacto de Glasgow no que se comprometeu a deixar de apoiar e subvencionar os combustibles. Pero só cinco meses despois, en abril deste ano, puxo en marcha unha subvención indiscriminada de 20 céntimos por litro ao consumo de gasolina e gasóleo…▶A propia Unión Europea acaba de anunciar que se compromete, xunto con outros participantes na #COP27, a tomar medidas inmediatas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á produción e consumo de enerxía fósil…pois si, a mesma Unión Europea que ven declarar o gas natural (que debería chamarse gas fósil) como enerxía verde para que así a súa explotación poida ser considerada como unha actividade ambientalmente sostible. ... Ver máisVer menos
Ver no Facebook

Entradas Twitter