Fazenda em Agudos por Cássio Abreu en Flickr

Fazenda em Agudos por Cássio Abreu en Flickr

O pasado día 21 conmemorouse o Día Internacional de Loita contra os Monocultivos de Árbores.

Como parte das accións que a nivel internacional estanse levando a cabo, o Movemento Mundial polos Bosques WRM xunto con Salva a Selva e TimberWatch difundiron unha Carta aberta á FAO á que se adheriu Verdegaia.

Malia os numerosos esforzos que se veñen facendo para que a FAO cambie a súa errónea e tendenciosa definición de bosques, que permite que un monocultivo industrial de árbores sexa chamado de “bosque”, as peticións non foron escoitadas.

A definición de bosques da FAO favorece sobre todo ás grandes corporacións da madeira e outras que promoven as plantacións de árbores a gran escala, en detrimento das comunidades que dependen dos seus territorios para o seu sustento e medios de vida.

A influencia que ten a definición da FAO afecta sobremaneira as definicións nacionais así como en procesos internacionais tales como as negociacións da ONU sobre o cambio climático.

A través desta Carta Aberta afirmamos a relevancia que a definición da FAO ten e esiximos que a FAO asuma a súa responsabilidade e poña en marcha de inmediato un proceso de revisión xenuíno da súa definición de bosque.
Desde hoxe ata o día 21 de Marzo do 2017 imos xuntar a maior cantidade de firmas posibles. Para iso, invitamos ás organizacións e movementos sociais a sumar a súa firma e a colaborar coa difusión da carta.

Invitamos a difundir a carta aberta á FAO nos seus sitios web, redes sociais, a través do “boca a boca”, etc.