Consulta pública sobre as oportunidades para o sector pesqueiro en 2015.
Verdegaia xunto con outras 18 organizacións vimos de asinar unha carta dirixida á Ministra Isabel García Tejerina solicitando que aumente a transparencia e a participación das organizacións sociais á hora de discutir sobre a posición do Estado español con respecto as oportunidades de pesca (os famosos TACs) para o 2015. O envío dsta carta forma parte dunha iniciativa que se está a promover en toda Europa.
Lembramos que o dereito a participación pública está recollida dentro dos principios de boa gobernanza incluidos na PPC (política pesqueira común) e fundamentada no convenio de Aarhus, ratificado polo Estado español.
Podes descargar aquí a Carta á ministra de Medio Ambiente