twitterStorm1No ano 2010 o Parlamento Europeo, por unha moi grande maioría, aprobou unha resolución para a Prohibición do uso de tecnoloxías con recurso ao cianuro na explotación mineira. En dita resolución facíase referencia aos máis de trinta accidentes graves debidos a derrames de cianuro, que incluían a peor catástrofe ocorrida no 2000, cando se derramaron máis de 100.000 metros cúbicos de auga contaminada con cianuro dunha mina de ouro para a bacía hidrográfica dos ríos Szamos-Tisza e Danubio, provocando o maior desastre ecolóxico da historia da Europa Central nesa época.
 
En Galicia, a comarca de Bergantiños viuse recentemente ameazada por un proxecto mineiro baseado neste tipo de tecnoloxías, proxecto que foi desbotado por só motivos económicos, aprobándose o seu estudo de impacto ambiental. Ademais, moitas empresas mineiras teñen aprobadas concesións de exploración de ouro no coñecido como cinto Malpica-Tui, que de materializarse en minas auríferas explotadas con cianuro supoñerían un risco de contaminación sen precedentes en Galiza.

Ao igual que os e as galegas, moitas outras comunidades de persoas afectadas en toda Europa e persoas e organizacións preocupadas polo ambiente dunha ducia de outros países europeos decidimos xuntarnos para que a resolución do Parlamento Europeo sobre a prohibición do cianuro na minería se leve a termo. Ata agora, a Comisión, debido á presión dos lobbies mineiros, non deu os pasos para que a prohibición se fixese efectiva.

Con tal motivo, queremos premer nos e nas europarlamentarias, especialmente nas que fan parte da Comité do Ambiente, para que pregunten ao candidato a Comisario do Ambiente, o maltés Sr Karmenu Vela, pola súa posición neste asunto. A audiencia do Sr Karmenu Vela terá lugar o día 29 de setembro.

E é por iso polo que agora pedimos a vosa colaboración. Temos pensada unha pequena acción nas redes para facer oír a nosa mensaxe para prohibir o cianuro: #bancyanide. Pero, para que teña éxito necesitamos da axuda, contribución á difusión de todas e todos vós.

Este é o plan para mostrar a Europa que moitas e moitos de nós queremos que se pregunte sobre a prohibición do cianuro. Imos facer unha tormenta internacional en Twitter (twitterstorm) para que se escoiten as nosas voces.

Esta semana, imos twittear todas e todos xuntos co mesmo hashtag: #bancyanide. Imos twitear aos membros do Comité do Ambiente (ENVI), quen decide as preguntas que se farán durante as audiencias.

VellaGrilled1Na páxina de ContraMINAcción e neste documento de Google público, hai algúns exemplos de tweets para compartir: http://goo.gl/my3jEI

Cantos máis tweets mandemos mellor, sempre que todos usemos a mesma palabra clave ou hashtag: #bancyanide.

Que podemos facer para que #bancyanide sexa o asunto do momento ou trending topic?

Invitar a tantas persoas como sexa posible a participar. Traducir este correo ao teu propio idioma ou reenviar este correo por medio das túas redes.

Enviar a seguinte mensaxe directa a algúns dos teus seguidores, especialmente aqueles con grandes contas: Únete á twitterstorm #bancyanide (do 22 ao 29 de setembro). Promover a tormenta de Twitter (twitterstorm) través do Twitter e Facebook. Podedes utilizar as imaxes adxuntas.