Campaña de obxección fiscal A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Recorda que está en marcha a campaña de obxección fiscal ao gasto militar. De Verdegaia levamos xa varios anos a apoiar ao Espazo Aberto Antimilitar, o colectivo que impulsa esta acción a nivel galego. Podes consultar toda a información na súa web:
http://nonaogastomilitar.org/content/campa-galega-pola-obxecci-n-fiscal-aos-gastos-militares-2015