domingo 1 de marzo Froxán volta a acoller unha xornada de voluntariado en familia aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas do Monte e que finalizarán cun toque de maxía.

 As crianzas e familias poderán plantar unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando eucalipto.

A actividade comezará ás 10:15 e finalizará ás 13:00 logo dunha chocolatada. Actividade gratuíta sendo precisa inscrición, até o dia 27 de febreiro, neste formulario https://brigadas.belcoda.com/events/brigada-en-familia

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.