Hoxe a mañá recibimos a triste nova da morte de Ramón Fernández Durán, intelectual de referencia do ecoloxismo social e membro de Ecologistas en Acción. Os seus máis de 30 anos de activismo nos movementos sociais e a súa enorme capacidade intelectual convertérono nun referente fundamental para o ecoloxismo social e un mestre para calquera que quixera albiscar a realidade agochada detrás da economía capitalista e a súa responsabilidade na crise ecolóxica global. Dende Verdegaia queremos enviar unha forte aperta a súa familia e amigos e particularmente aos compañeiros e compañeiros de Ecologistas en Acción. Estamos convencidos que o exemplo do seu compromiso e a guía do seu pensamento axudaranos no noso traballo diario a prol dunha sociedade máis sustentábel, xusta e pacífica. Até sempre, Ramón.
Ate sempre Ramón
