O 30 de xuño ás 12h. a Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma pola defensa da Ría de Arousa fan un chamanento a concentrarse rodeando a Xunta de Galicia en Compostela para protestar contra o proxecto de construción de unha celulosa na Ulloa, o proxecto Gama da empresa Greenfiber, conformada polas empresas Altri e Greenalia.
Verdegaia apoia esta concentración que como temos manifestado en anteriores ocasións, e nas alegación presentadas ao proxecto, significaría a ruína dunha comarca económica, social cultural e ambientalmente rica e conservada, a contaminación do río Ulla e a destrución ambiental da ría de Arousa.