O pasado 3 de novembro asinamos o Manifesto Aquí Non contra as ameazas de novos aproveitamentos enerxéticos na Cordilleira Cantábrica da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, con máis de 100 organizacións do estado.

Os promotores desta campaña acaban de publicar o video Por unha transición enerxética compatíbel coa biodiversidade e a paisaxe.

A Cordilleira Cantábrica é o destino escollido por inminentes proxectos de aproveitamento enerxético de grandes dimensións que comprometen o futuro desta zona natural e dos seus habitantes. A campaña «Aquí Non» é unha iniciativa dirixida a sensibilizar sobre a necesidade de evitar que enclaves con altos valores ambientais e paisaxísticos, e en especial, os do entorno da Cordilleira Cantábrica, sofran o aluvión de novos complexos de aeroxeradores actualmente proxectados.

Como ten afirmado a Ministra para a Transición Ecolóxica, a implantación de renovábeis debe ir da man da conservación da biodiversidade. Porén, débese ir máis alá das palabras e as boas intencións. É necesario unha planificación rigurosa e unha zonificación de carácter vinculante -non só orientativa como a presentada polo MITECO en decembro- que contemple áreas de exclusión coincidentes con amplas zonas de alto valor ambiental e paisaxístico.

Actualmente son máis de 6.000 os aeroxeradores que se encontran implantados desde o norte de Navarra até as nosas costas, unha porcentaxe non pequeno deles sobre áreas de alto valor natural, incluíndo Rede Natura 2000. Non podemos continuar implantando máis complexos nestas montañas que xa veñen aportando recursos (grandes encoros, minería, térmicas…) nos últimos 60 anos cun alto custe ambiental e social. Só tenemos unha Cordilleira Cantábrica e tenemos a obriga e o dereito de coidala.

No video participan moitas persoas coñecidas do mundo da cultura, ás que agradecemos a súa particopación, que representan o sentir dunha sociedade civil que manifesta unha clara preocupación por abordar un cambio no modelo enerxético, pero tamén un compromiso porque este se faga respeitando a biodiversidade eos nosos valores paisaxísticos e humanos.

A participación nesta campaña da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica súmase tamén ao noso traballo de colaboración na Plataforma por un Rural Vivo e a campaña Aldeas con Horizonte e apoio e loitas contra a instalación de Parques eólicos como o do Iribio.