Dende Verdegaia queremos apoiar e facer un chamamento á cidadanía para que asista ás concentracións convocadas para o día de hoxe luns 2 de abril, en distintas cidades galegas, en resposta á grave desfeita ambiental ocorrida esta fin de semana no Parque Natural das Fragas do Eume.
Horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para hoxe, luns 2 de Abril, ás 20:30 h:
A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: no Sereno;
Compostela: no Obradoiro;
Pontevedra: na Ferreiría;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello
Pontedeume ás 20:00 h. diante do Concello.”