O Movemento Galego polo Clima súmase ás mobilizacións internacionais o 19 de marzo promovidas pola Xuventude polo Clima/Fridays for Future #NonMáisPromesasBaleiras

Un ano máis, activistas de todo o mundo unímonos para denunciar a inacción dos gobernos frente á Emerxencia Climática. Esta vez, afrontamos tamén unha gravísima crise sanitaria que sacode o globo, consecuencia directa da perda de biodiversidade e dun proceso de globalización que non coñece límites. Segundo as Nacións Unidas, a falta de ambición e de compromiso dos países lévanos cara a un aumento da temperatura global moi por riba dos 3 ºC, o que provocaría consecuencias catastróficas para as sociedades humanas e os ecosistemas.


Voltamos ás rúas empurrada pola urxencia da situación. Participa na túa localidade!

Mobilizacións:

O Xoves 18 de marzo ás 19.30h. en Vigo: Bicicletada polo clima:

O venres 19 de marzo ás 12h. mobilizacións en varias localidades do país: