O roteiro atravesa principalmente bosques de ribeira e ten certo interese ornitolóxico (especies presentes: merlo rieiro, martin peixeiro, azor, gabián, as dúas especies de gabeadores e as 5 de páridos). Durante o camiño toparémonos con até 5 muíños, aínda que o principal protagonista é un foxo onde hai un par de séculos aínda se cazaban lobos. Este tipo de estruturas cinexéticas forman parte da nosa cultura, da cultura asociada ao lobo e dos mitos que o envolven. Despois do roteiro habrá unha pausa para xantar na sede que nos presta desinteresadamente a asociación Canón de pau e na cal terá lugar a ponencia-charla sobre a conservación do lobo en Galicia, que versará sobre os aspectos mitolóxicos que persisten na mentalidade da xente co fin de romper eses mitos. A ponencia durará sobre unha hora con rolda de preguntas incluída.
O roteiro durará aproximadamente 3h30, recoméndase levar comida (para os que asistan á charla), roupa de auga e calzado de monte (se ten gore tex millor, é unha rota con bastantes regatos).
Lugares de saída:
10h30 Pabellón de Deportes de Pontevedr. Mapa chegada ao Pabellón
11h00 Concello de Cotobade, Carballedo Mapa chegada carballedo
Para máis info: Gus 686443309
Tamén poden contactar en ascelgalicia@loboiberico.com