Amarante e Verdegaia levarán conxuntamente adiante unha acción cívico-lúdica aberta á cidadanía, organizando as Olimpiadas Limpas alternativas á que está por comezar en Pequín en menos de dous meses (bolos, trileiros, obradoiros de confeción de balóns, carreiras solidarias…), xogos cargados de simbolismo e denuncia a través dos cales queremos evidenciar a carencia de dereitos sindicais en moitos países onde están a se instalar filiais de fábricas pertencentes ás multinacionais do deporte amparadas por unhas leis laborais totalmente flexibles que non protexen ás traballadoras e traballadores do país. 

Nas accións de rúa que celebraremos simutáneamente en Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela, haberá, ademáis de xogos tradicionais, malabares, teatro improvisado, música, expositores de información e mesas para degustación de produtos de comercio xusto procedentes de países do Sur, entre outras actividades. Se precisades máis información poñédevos en contacto con Amarante ou Verdegaia ou acudide o sábado 21, a partir das 11.30 da mañá aos seguintes puntos:

Praza do Toural (Compostela) 881 978 705

Praza da Constitución (Vigo 886 111 327

Praza da Ferrería (Pontevedra) 986 848 159

Xardín do Posío (Ourense) 988 601 921