Dende a Ulloa ata a Ría. Terra, auga e aire son vida!
Palas de Rei, 26 de maio, ás 12h.
Verdegaia apoia a mobilización que desde a Plataforma Ulloa Viva organizan en Palas de Rei para demandar unha Ulloa libre de celulosas. (Podes ver as alegacións presentadas sobre este proxecto)
ORGANIZACIÓN:
O percorrido dará comezo no Polígono Industrial de Palas de Rei e rematará na Praza da Feira.
Haberá aparcamentos sinalizados. Pedímosvos que se tedes boas pernas, aparquedes en Ponterroxán (se vides da zona Compostela) ou en Filgueira (se vides dende Friol ou da autovía de Lugo). Se vides da zona Ourense intentade aparcar en batería na avenida de Ourense para que collan a maior cantidade de coches. Estos aparcamentos están detallados no mapa adxunto.
Pedímosvos tamén, a ser posible, que compartades coche. A plataforma habilitou un evento no facebook para que vos poñades en contacto entre vós e así facilitar que poida ser posible. https://www.facebook.com/events/424855306959599/
Ademais diferentes organizacións que colaboran na manifestación poñen a vosa dispoñibilidade un servicio de bus. No anexo de TRANSPORTE tedes toda a información detallada
En canto a posibilidade de comer na contorna, poderase facer xantar de campo na zona dos chacotes se queredes levar as vosas viandas onde tamén haberá postos de produtoras alimentarias da contorna.
No adxunto de HOSTALARÍA detallamos os establecemntos que poden ofrecer xantares. Recomendámosvos que se elexides esta opción sempre sería mellor a reserva, tendo en conta que a manifestación rematará cara as 15.00.