Dende a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que virán.
Santiago 14 de Decembro de 2025, ás 12h. na Alameda
As Plataformas Ulloa Viva e en Defensa da Ría de Arousa, un ano despois da manifestación do 15 de decembro de 2024 contra o proxecto Gama de Altri, convócannos de novo a saír ás rúas e encher o Obradoiro para exixir que se lle dea o punto final á pretensión de instalar unha macrocelulosa no corazón da Galiza, afectando ás vidas de todas as persoas que viven na zona, de todas as que beben ou viven do río Ulla e de todas as galegas e galegos que vemos como se insiste no camiño de vender os nosos recursos, a nosa paisaxe, o noso patrimonio e as nosas vidas a grandes empresas foráneas que levarán o lucro e deixarán aquí espolio e miseria.
A manifestación sairá da Alameda de Santiago de Compostela o domingo 14 de decembro ás 12h.
A instalación de Altri non ten o noso aval, fagámosllo saber!
Polas que somos e as que virán
ALTRI NON! FÓRA XA!
Autobuses para acudir a Compostela o domingo 14 de decembro:
- Con saída ás 9:30h e paradas en Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada e Lalín, máis info e anotacións en i.gal/bus14d
- Con saída ás 10:00 h e paradas en Melide, Santiso e Arzúa, máis info e anotacións en i.gal/bus14d
- Autobuses da CIG dende as principais cidades, máis info e anotacións: A Coruña 981169293, Ferrol 981358750, Lugo 982225812, Ourense 988782726, Vigo 986827900, Pontevedra 986852950, Vilagarcía 986505323
- Autobuses da Confradía de Pescadores Santiago Apóstol de Carril, con saída ás 10:30 h, máis info e anotacións: 986508542 e 618393311
- Autobús do BNG saída ás 8:30 h e con paradas en San Clodio, Quiroga, A Pobra de Brollón, Monforte, Pantón, Escairón e Chantada, máis info e anotacións: 982416027 e 671473982 (WhatsApp)




















