LagaresA rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE (da que forma parte VERDEGAIA) ven de presentar alegacións (10/10/2014) á: Solicitude de Autorización de obras para senda no río Lagares por parte da CMVMC de Cabral.  Nestas alegación, a rede de coletivos que formamos parte da RNSV, denunciamos:

O inicio irregular das obras durante o período de información pública do proxecto presentado, a presentación irregular dun proxecto de obras en ausenza do planeamento preceptivo, o plan especial de protección, rexeneración ambiental e acondicionamento do corredor do Lagares; inhibición irregular do Concello de Vigo no desenvolvemento do plan xeral,  e na avaliación dos efectos das actuacións no ámbito do corredor do Lagares; ausenza irregular dun estudo do ámbito e da avaliación dos efectos das actuacións propostas sobre os valores ambientais , paisaxísticos , etnográficos e arquolóxicos do lugar e tamén denunciamos a ausencia de democracia participativa nas CMVMC. 

Desde a rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE nos congratulamos da paralización cautelar das obras ordenadas a día 14 de Outubro.