Hoxe Verdegaia presentou alegacións a unha nova explotación ó aire libre. Estaría situada en Oímbra (provincia de Ourense) e pretende sacar rocha ornamental.

Estaría situada nunha zona xa moi modificada pola acción humana (repoboación de piñeiros e viñas). Soamente quedan pequenas zonas de caducifolias.

Esta actividade resultaría prexudicial nun lugar no que Verdegaia considera que se debería recuperar a caducifolia (hai cando menos dúas convocatorias de axudas para o fomento das frondosas caducifolias) e facerse unha xestión sostible do monte en lugar de extraer a rocha para uso ornamental.

Provocaría ruído, poeira, gasto de enerxía, degradaría máis a zona… 

Estas son as alegacións que se presentaron.

2008-12-22_alegacins__explotacin_mineira_de_ombra_ourense