Continuamos coa Campaña Aldeas con Horizonte, para un novo modelo de desenvolvemento eólico para Galiza, agora cunha nova proposta de actividade virtual.

DEFENDE A TÚA TERRA DE PROXECTOS EÓLICOS AGRESIVOS:

Envíanos a túa foto coa faixa e o lugar que queres defender antes do 10 de febreiro. As publicacións faranse a partir do 14 de febreiro, Día Mundial da Enerxía
Se non podes participar agora, podes facelo ao longo do ano!

Para participar, segue as seguintes instrucións:

1. Descarga e imprime a faixa “Aldeas con Horizonte”, ou fai a túa propia faixa a man.


2. Escribe ou engade na faixa o nome da aldea, lugar ou monte que queiras defender.


3. Fai unha foto coa faixa. Podes facela:

  • Diante do sitio que queres defender…
  • Na túa casa…
  • Na rúa…
  • Soa ou en compañía de outras persoas

Todo nos vale! Non te cortes e tira de creatividade, canta máis diversidade mellor.


4. Envíanos a túa foto. Podes facelo de 2 formas:
1️⃣ Cubrindo este formulario, no que poderás cargar o ficheiro de imaxe:
2️⃣ Enviándoa ao e-mail redegalegaporunruralvivo@gmail.com, indicando o nome do monte, aldea ou lugar, concello e parque eólico que che preocupa. Tamén podes enviarnos as coordenadas de localización ou unha ligazón de google maps.

As imaxes recibidas serán publicadas nas redes sociais das distintas plataformas e colectivos que apoiamos o manifesto Aldeas con Horizonte, desde o 14 de febreiro en diante. As localizacións das fotos serán incorporadas no mapa de Aldeas con Horizonte.

#MoratoriaEolicos #NovoPlanoEolico #TransicionXusta

*Os datos e imaxes que se faciliten utilizaranse unicamente para a campaña Aldeas con Horizonte.