Reynoutria JaponicaTres asociacións ambientais (Verdegaia, Asociación Herpetológica Española e SGHN) presentaron o pasado 23-07-2014 un escrito diante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza alertando da presenza de Fallopia japonica (Reynoutria japonica) en varios puntos próximos ó LIC das Gándaras de Budiño (Pontevedra). A resposta foi rápida aínda que desalentadora: o terán en conta para o ano que ven.

Esta especie vexetal, incluida no Catálogo Español de Especies Invasoras está considerada como unha das máis agresivas para o medio ambiente e as infraestruturas, xa que as súas raizames poden destruir elementos coma pontes, estradas, tuberías, canles e casas. A ameaza é tan grande que en Gran Bretaña, onde o seu control custa anualmente 208 millóns de euros, algúns bancos non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín.

En Galicia, cada día que pasa vai ser máis difícil e costoso erradicala.

O escrito remitido á Consellería de Medio Ambiente e a contestación da Dirección Xeral de Conservación da Natureza poden descargarse aquí