A Asociación Herpetolóxica Española, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizarán o vindeiro domingo 1 de Lagoa Orbenllexuño un roteiro polas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Sairemos ás 9:30 h. no aparcadoiro da lagoa de Orbenlle (O Porriño) onde tamén rematará a ruta en torno ás 13:30 h.

O percorrido previsto é circular e seguirá o seguinte itinerario: lagoa de Orbenlle, Orbenlle, barreira de Orbenlle, turbeira do Cerquido, barreira do Cerquido, turbeira de Albelos, Ribadelouro, e lagoa de Orbenlle.

Entre os valores naturais que alberga o L.I.C. das Gándaras de budiño e Ribeiras do Louro están Hábitats prioritarios segundo a Directiva hábitats como as turbeiras e os bosques de ribeira (aquí atopamos o máis extenso de Galicia), Hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis), ou parrulos como o charneco común (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica. Ademais, as Ribeiras do Louro constitúen unha das tres zonas húmidas interiores máis interesantes de Galicia.

No tocante ás desfeitas que padece este espazo natural salienta a elevada contaminación do río Louro, o avanzado proceso de colmatación da lagoa de Orbenlle, a perda de superficie protexida do L.I.C., o estado ruinoso do Centro de Interpretación da Natureza (pese a custar perto de 450.000 euros), o lixo que aparece espallado polo lugar e as agresións que se suceden de xeito impune e repetido.

Dende as tres asociacións convocantesesiximos a protección do L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro mediante o estricto cumprimento da lexislación vixente.

O percorrido é de dificuldade moi baixa e realizarase coa axuda dun guía que dará explicacións precisas sobre os diferentes aspectos que se vaian observando ao longo da xornada.

O roteiro durará toda a mañá polo que cómpre levar calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos. O roteiro organízase en transporte público colectivopara non empregar o vehículo privado e así non contribuír ao avanzo da mudanza climática.