Verdegaia-Vigo organizará un acto de rúa co gallo do
Día Forestal Mundial o luns

21-3-11 ás 19 h. na Praza de América. Esta actividade pretende xerar o debate necesario na cidade olívica no tocante ás numerosas e dañinas talas de árbores levadas a cabo nas obras de humanización das rúas de Vigo. No acto levarase a cabo unha representación teatral dunha das moitas “humanizacións viguesas” amenizada por un grupo de percusión e danza africana.
Aproveitamos tamén esta actividade de cara aportar elementos para o debate sobre as politicas forestais en xeral facendo referencia ó documento “Unha visión común sobre o problema das plantacións de eucalipto” que vén de asinar e apresentar Verdegaia xunto con outros 20 grupos ecoloxistas ibéricos coincidindo tamén co Día Forestal Mundial e ó que se pode acceder e descargar no seguinte enlace:
http://www.verdegaia.org/content/view/1241/1/
No tocante ós problemas que xeran as humanizacións na rúas de Vigo, a postura de Verdegaia Vigo divulgouse ante a cidadanía dende fai xa varios anos.
Agosto de 2009: http://www.verdegaia.org/content/view/909/146/
Febreiro de 2011: http://www.verdegaia.org/content/view/1235/1/